NA SEMANA EUROPEA DO DEPORTE, CONVIDA A UN AMIG@ A MÁIS QUE AUGA

18/09/2022

Do 23 ao 30 de setembro celebrarase a Semana Europea do Deporte, unha iniciativa promovida pola Comisión Europea que ten como obxectivo prioritario combater o sedentarismo e fomentar a actividade física e os bos hábitos alimenticios na poboación. E, que fixemos en Máis que Auga? Implicar aos nosos socios e socias para que animen aos seus amigos, familiares, compañeiros de traballo a abandonar a cadeira ou o sofá e apostar por unha vida máis activa.

 

E como? Durante a Semana Europea do Deporte @s nos@s abonad@s poderán convidar a un amig@ a gozar durante toda unha xornada das nosas instalacións, onde atoparán opcións para todos os gustos: piscina, spa, sala… Iso si, para acceder ao centro a persoa convidada deberá vir acompañada dun abonado/a e pasar por recepción para que lle fagan un pase. E se despois de coñecernos, o convidad@ “quedou enganchado” a Máis que Auga… terá unha oferta: Un desconto do 50% na matrícula durante os tres días posteriores á proba gratuíta.

 

Que é a Semana Europea do Deporte? É unha iniciativa da Comisión Europea para combater o sedentarismo, que comezou a celebrarse no ano 2015. E é que os datos recollidos pola Comisión Europea son terribles: O 59 por cento dos europeos recoñecen non practicar ningún deporte ou facelo raramente e o 37% pasa gran parte do día, concretamente máis de 5,5 horas, sentado por razóns de traballo.

 

A Semana Europea do Deporte celébrase de forma simultánea en todos os países membros da Unión Europea e ademais noutros que foron sumándose, chegando a adherirse ata 41 países na edición de 2021. En España o Consello Superior de Deportes, que se encargará de coordinar as actividades, busca implicar a todos os estamentos sociais para que realicen unha ou varias accións que fomenten a actividade física e bos hábitos alimentarios entre a poboación.