Na Semana Europea do Deporte, actividades gratis e xornadas de portas abertas en Máis que Auga

14/09/2021

Máis que Auga súmase á Semana Europea do Deporte cunha programación de actividades gratuítas para socios/as e non abonados/as, que se celebrarán do 20 ao 26 de setembro. Ademais, durante a fin de semana realizaremos unhas xornadas de portas abertas nos tres centros para que aqueles que non nos coñezan poidan pasarse pola sala fitness e/ou a piscina e gozar da actividade física nas nosas instalacións e cos nosos técnicos/as.

 

O obxectivo desta iniciativa da Comisión Europea, que se celebrará en todos os países membros da Unión Europa, é promocionar o deporte e combater o sedentarismo, polo que desde Máis que Auga non podemos permanecer alleos a esta proposta que nos encanta.

 

Así, desde o luns 20 ata o domingo 26 teredes unha programación de actividades variadas (de auga e seco) en todos os nosos centros nas que poderedes apuntarvos de forma gratuíta ata completar o aforo dispoñible. Teremos desde as máis clásicas (zumba,  aquagym), ás máis novas (pyro, invicto, zenyo) ou as máis relaxadas (pilates, taichi ou ioga), en diferentes horarios e durante toda a semana. A continuación, tedes a programación de actividades para que poidades elixir as que máis vos interesen.

E non teremos so clases. Durante a fin de semana os tres centros de Máis que Auga celebrarán unhas xornadas de portas abertas (ata cubrir o aforo máximo permitido) de forma que persoas non abonadas poderán coñecer as nosas instalacións e a nosa forma de traballar, para decidir se queren sumarse á familia MQA. As xornadas de portas abertas para a sala fitness de Barreiro e Navia serán de 10:30 a 13:30, mentres que en  Coia adiántanse media hora (de 10 a 13:00 horas).  As piscinas dos tres centros poderán ser visitadas durante a fin de semana, o sábado pola tarde (de 14 a 21:00 horas) e o domingo de 9 a 13:30 horas.

 

Na seguinte ligazón poderedes reservar a clase que vos interese ou a visita ao centro no horario que máis vos conveña.

E as sorpresas non acaban aí!  As persoas que acudan a estas clases (o día que realicen a actividade ou cando visiten a nosa instalación na xornada de portas abertas), poderán facerse socias de Máis que Auga sen ter que abonar matrícula algunha!