Na Maratón de Valencia, tres valentes runners MQA

15/12/2019

Entre os 25.000 deportistas que encheron as rúas de Valencia para disputar o 39ª Maratón de Valencia contabamos con tres usuarios de Máis que Auga, que cumpriron o seu obxectivo de acabar a proba e vivir unha experiencia única. Eles son Adolfo Villar, Nacho  Parras e Elena  Vaz, que contan con emoción e alegría a súa vivencia nesta mítica proba, que está a piques de cumprir corenta anos.

 

O caso de Adolfo Villar é un pouco especial, xa que está “enganchado” ás maratóns. Xa correu 26, e está inscrito en tres do próximo ano. El di que é complicado explicalo con palabras, pero quizais o fai á perfección: “Un maratón non se pode describir. Hai que vivilo, chorar, suar… Córrense 42 quilómetros sufrindo e 195 metros con bágoas nos ollos”. Fermosa definición.

 

Asegura que a experiencia de Valencia foi incrible, tanto que xa ten dorsal para Valencia 2020 e a súa sede de maratóns non se apaga. “O próximo obxectivo é Murcia, o próximo 2 de febreiro”. E despois, Sevilla e Roma. O mellor, asegura, é “viaxar e coñecer xente”, pero sen dúbida a longa distancia engancha, tal e como relatan todos.

 

E fronte a un veterano nestas lides, temos a Nacho  Parras, que se estreou na proba dos 42 quilómetros. Nacho cualificou a experiencia como única: “Acabar a maratón é o resultado de moitos meses de adestramento, esforzo e sacrificio. Aínda que o mellor é a xente que vas atopando no camiño durante os adestramentos, compartindo experiencias, e entre os corredores e o público animando o día da maratón”. Ademais, non quere esquecerse dos seus compañeiros de  runners Máis que Auga: “Quero dar as grazas a todo o club de corredores do  Máis que Auga, e en especial ao de Navia, xa que grazas a eles conseguín a meta”.

 

Parras, que antes fixera algunhas medias maratóns, leva un ano no noso centro de Navia e sumouse ao club de  runners no mes de abril, onde se atopa moi integrado.

 

E nosa representante na categoría feminina foi Elena Vaz, que viviu “unha experiencia alucinante. O ambiente era incrible e o percorrido  chulísimo, por toda a cidade”. Elena, que é usuaria de Máis que Auga Navia desde a súa apertura, comezou a adestrar con Aitor hai 14 meses e “preparoume Borja o adestro para esta maratón por primeira vez”. De sempre gustoulle a longa distancia: “Empecei con 15 quilómetros, medias e o meu soño sempre foi correr unha maratón”. A de Valencia foi a segunda que completou e o seu próximo obxectivo é Madrid no mes de abril e “repetir en Valencia porque quedei a nada de mellorar o meu tempo. Ía un pouco xusta de preparación e sufrín ao final”.