ESTAMOS DE ESTREA: COÑECE CASAGYM.TV!

21/06/2020

Chegou a  premier de  Casagym. tv! Dende o martes 23 de xuño tendes a vosa disposición a nova plataforma, que vos ofrecerá alternativas para poder adestrar en casa e moito máis (clases, conferencias, vídeos sobre alimentación ou saúde, adestramentos persoais…)

 

Que é  Casagym. tv? Era unha iniciativa na que xa estabamos a traballar antes do confinamento polo  COVID-19 e que se acelerou por mor de todo o sucedido durante estes meses. De entrada, en só uns días puxemos en marcha  Casagym, o ximnasio en casa, para que desde os vosos fogares puidésedes seguir facendo deporte durante estes meses de peche.

 

Seguimos dándolle voltas ao que tiñamos na cabeza ata cristalizarse en  Casagym. tv. O obxectivo é que, se non podedes acudir aos nosos centros, teñades a posibilidade de conectarvos desde casa e así realizar a vosa sesión de traballo dirixida polos técnicos de Máis que  Auga, os vosos técnicos. Pero tamén haberá conferencias ou charlas, vídeos, adestramentos personalizados, formación… Unha ampla programación co deporte e a saúde como eixo principal. Ademais, queremos que teñades a opción de conectarvos en calquera momento, sen estar obrigados pola hora de emisión. Un estilo  Netflix, de forma que poidades consumir o contido cando queirades!

 

Como podemos acceder? Cando tentes entrar na plataforma solicitarache usuario (deberás poñer o correo electrónico que teñas na túa ficha de socio/a e no caso dos abonos familiares, o email será o do titular) e contrasinal (que será o teu DNI coa letra en maiúscula). Así de sinxelo!

 

De inicio, ata o 31 de agosto, o acceso a  Casagym. tv será gratuíto para todos os socios/ as e a partir dese momento poñeráselle un prezo mínimo para os nosos abonados, que vos desvelaremos nos próximos días.

 

Xa podedes coñecer Casagym. tv a través do seguinte enlace… Seguide atentos ás vosas pantallas!