Mujeres en gimnasio Vigo

Mulleres Máis que Auga

07/03/2017

As mulleres desta fotografía teñen unha cousa en común ademais do xénero: a forza. A moitas costoulles moito abrirse camiño nun mundo de homes, a outras menos e algunhas aínda seguen loitando porque se lles considere unha igual. Todas elas teñen o orgullo de ter nacido mulleres e non queren que ninguén o pisotee e moito menos que lles arrebaten os dereitos polos que tantas xeracións levan loitado.

Máis que Auga é unha empresa que non se entende sen a presencia das mulleres. A metade dos nosos clientes son mulleres e temos a sorte de poder presumir de 14.000 socias e participantes en cursos. Tamén somos mulleres a maioría das profesionais (51,1%), mulleres son as coordenadoras dos centros e noutros postos de responsabilidade.

Dende Máis que Auga promovemos a presencia e a igualdade da muller en todos os ámbitos, non só no profesional. En todas as actividades que ofertamos nas nosas instalacións dende wodfit a kickboxing, pasando por gap ou adestramento con TRX a participación da muller é importante. As nosas clientas non teñen barreiras nin prexuizos e nós continuamos a traballar neste aspecto para que siga sendo así.

A mensaxe que este ano lanza a ONU para conmemorar o Día da Muller e concienciarnos a todos na igualdade é: “As mulleres nun mundo laboral  en transformación: de cara a un planeta 50-50 en 2030”. En Máis que Auga temos cumprido ese obxectivo pero seguiremos loitando por máis.

Grazas a todas a mulleres traballadoras!

Grazas a todas a mulleres deportistas!