Mulleres Máis que Auga, mulleres que loitan

07/03/2019

Este 8 de marzo loitamos contra o machismo, contra a inxustiza, o acoso sexual, a violencia e a discriminación contra as mulleres. Pero non só hoxe, loitamos todos os días. E elas son a razón pola que esta loita continúa. Ás veces saen á rúa e berran, e outras veces sacan os puños. Porque as pequenas accións cotiás son as que marcan a diferenza.

Iria Domínguez sufriu acoso na universidade por parte dun compañeiro. E o boxeo foi a súa vía de empoderamento. “Decidí aprender a defenderme”, di. Enfundou os guantes e comezou a asistir ás clases de Víctor da Rocha, no centro Máis que Auga de Coia. Hoxe en día o boxeo representa unha parte moi importante da súa vida e, aínda que asegura que nunca sufriu prexuízos por parte dos compañeiros nin das amizades, atopou unha barreira na propia familia. “Las mujeres hemos conseguido avanzar en el ámbito del deporte, pero sigo creyendo que todavía nos falta mucho. En boxeo sigue habiendo muchos más hombres que mujeres, el prejuicio sigue estando ahí”, conta.

“A base de esfuerzo nos hemos hecho un hueco”, sinala Sandra Barreiro. Ela, que leva adestrando no centro Máis que Auga de Navia dende hai tres anos, comezou a interesarse polo wodfit o ano pasado, co obxectivo de manter o seu nivel físico, como ex practicante de full contact. Os exercicios de forza e as pesas sempre estiveron na súa vida. “Practico wodfit por devoción y también por obligación. Ir al gimnasio y romper físicamente me hace mucho bien”, explica. E, dende o principio, foi consciente do que isto ía significar. “Las mujeres siempre estamos obligadas a demostrar más que los hombres, de entrada siempre nos prejuzgan, aunque sea de forma inconsciente”, asegura.

Sandra Barreiro: “Las mujeres siempre estamos obligadas a demostrar más que los hombres, de entrada siempre nos prejuzgan”

Ao longo de todo este tempo, Sandra tivo que escoitar frases como “Coge esa barra, que pesa menos” ou “no te vamos a golpear mucho”. Pero iso non a detivo. “Es un trabajo de mucho tiempo ir educando a los hombres. Los técnicos, muchas veces diferencian entre peso para chicos y peso para chicas. Y yo siempre les digo que hay que establecer franjas, que no hay pesos de chicos ni de chicas. Un chico que pesa 50 kg como yo debe trabajar en proporción a su peso corporal, su género no tiene nada que ver. Yo siempre procuro quejarme para que las cosas se digan bien, ya se van acostumbrando”, asegura.

Natalia Rodríguez: “En body combat aprendo pasos básicos de lucha. Nunca sabes cuando los vas a necesitar”

Natalia Rodríguez tamén tivo que sufrir algún prexuízo disfrazado de broma cando lles comunicou aos seus coñecidos que ía practicar body combat nas instalacións de Barreiro. “Siempre se menosprecian las capacidades de las mujeres”, afirma. Pero ela continuou o seu camiño. E, afortunadamente, cada vez son moitas máis as que deciden seguir. “Cada vez vemos más mujeres en este tipo de clases y cada vez luchamos más por nuestros derechos”. E estamos decididas. Natalia teno claro: “body combat me ayuda a liberarme y, al mismo tiempo, aprendo pasos básicos de lucha. Nunca sabes cuando los vas a necesitar”, di.

O 8 de marzo ás 12.00 horas, Máis que Auga chama ás súas usuarias e usuarios a un paro reivindicativo na entrada principal das súas instalacións pola igualdade, contra o acoso sexual, a violencia e a discriminación contra as mulleres.