MQ-BOX: TRABALLO, SUPERACIÓN E DIVERSIÓN

11/08/2022

Facémolo con bastante frecuencia, pero nesta ocasión coámonos nun espazo e nunha clase na que aínda non estiveramos: Entramos no Box de Navia, un lugar único, diferente e co mellor equipamento para todas aquelas persoas que practican woodfit!

 

Entramos e atopámonos ao noso técnico Manu na primeira clase do día: Forza. Puidemos ver o traballo personalizado que o adestrador realiza, xa que son grupos reducidos, polo que a relación co usuario é moito máis próxima e a atención maior. Pero o mellor será acudir aos protagonistas para saber cal é a súa opinión sobre MQ-Box e iso foi o que fixemos!

 

Mentres finalizaba Forza, estivemos a charlar con Cristina, Paula e Laura, que estaban xa preparadas para a clase de Crosstraining, que comezaba a continuación. Cristina explicounos que é socia de MQA Navia desde hai tempo e foi no centro onde se decatou de que se acababa de abrir este Box, algo que a ela lle interesaba xa que acudía a outro gym para facer crossfit. “Así que decidín probar e estou encantada, xa que aquí as clases son moito máis personalizadas. Onde ía antes os grupos eran dunhas 30 persoas, polo que resultaba imposible que o técnico puidese ver o que faciamos. Aquí Manu está pendente de nós, do traballo que realizamos e vainos corrixindo”. Paula, que é mamá, fíxose socia de Máis que Auga en familia, para poder compaxinar os seus adestramentos coas clases de natación dos seus nenos e foi tamén en sala onde se decatou da existencia do Box. Empezou hai un par de meses, e destaca o enorme traballo dos técnicos, Manu e David: “Os dous son xeniais! Motívante, corrixen, crean un gran ambiente… A verdade é que nolo pasamos moi ben, a pesar de ser clases moi esixentes, pero iso gústanos!”, indicou Paula. Preguntámoslle a Laura cal é a súa clase favorita e aí a resposta foi unánime: “Crosstraining, porque me gusta o crossfit e tes un pouquiño de todo. Podes practicar todos os movementos, traballar a técnica… É a clase que máis me gusta, a máis completa”. Algo no que coincidiron Paula e Cristina, que precisamente estaban alí a piques de comezar esta clase.

E cando finalizaron a clase de Forza, tamén estivemos de “charleta” con Dalia e Cristina, que saían de traballar duro xunto a Manu. Cristina leva só uns días no box e decatouse a través da nosa web de que Navia estreara o seu box facía uns meses: “Preguntei no centro e falei cun dos técnicos, xa que eu arrastro unha lesión, para ver se era compatible, e dixéronme que adaptarían o traballo á miña situación e iso é o que estamos a facer”. Por iso, Cristina está feliz, “podo facer o que me gusta, cunha atención personalizada e sen riscos”. Pola súa banda, Dalia empezou hai dous meses, despois de ver os carteis no centro de Navia. “É moi divertido e o adestrador é un anaco de pan, aínda que pareza que é esixente, sempre axuda e te anima a superarte”.

 

Así que se queres coñecer MQ-Box en Navia non dubides en preguntar na recepción do centro. Na seguinte ligazón, tes información sobre o box, as clases que se imparten e tarifas.