MÓVETE MELLOR, VIVE MELLOR CON HBX BOXING

06/10/2019

Move better, live better (“Móvete mellor, vive mellor”). Esta é a filosofía do HBX Boxing, que estreamos esta tempada no box de Wodfit do centro de Barreiro.

Despois dun día de tensión no traballo, a casa, o colexio… Chega o momento da liberación! Diante dun saco de  boxeo e armada/ou coas túas luvas libraraste da tensión á vez que  tonificarás todo o teu corpo. É un adestramento moi completo e sempre ao ritmo da música e dos teus adestradores.

Podemos contarche moito, pero o mellor é que o probes! É accesible para todo tipo de persoas, de todas as idades e condición física, aínda que non teñan ningunha experiencia en deportes de combate, sobre todo porque no HBX non hai contacto algún. Só co saco! Para acceder á túa clase de proba terás que facer a túa reserva no quiosco no horario que mellor te convenga, e no caso de non ser abonado, deberás realizar a reserva na recepción do centro.

Como funciona o HBX Boxing? Son sesións de 45 minutos nas que poderás descargar a túa tensión e queimar o máximo de calorías; mellorarás a explosividade dos teus movementos; definirás a túa silueta e perderás peso.

Así que aproveita as xornadas de portas abertas ata o 11 de outubro para coñecer esta nova actividade, que sen dúbida te divertirá!