Móvete ao ritmo de Zumba

04/08/2016

Nos anos 90 facía a súa aparición o Zumba, unha disciplina fitness creada para fortalecer e aportar maior flexibilidade ó conxunto do noso corpo. Pero qué outros aportes positivos nos ofrece?
Este deporte musical é unha cápsula antidepresiva xa que actúa directamente no sistema nervioso e cardiovascular. Ademais, permite queimar calorías de forma rápida xa que nunha clase chégase a eliminar ata 800 calorías. Practicar zumba con regularidade ten recompensa xa que logras grandes resultados en pouco tempo.

Tonifica pernas, glúteos e abdominais ao ritmo de bailes latinos, reggaeton, salsa, cumbia, merengue ou rumba. Desenrola a coordinación entre os brazos e as pernas mentras liberas tensións. “Vádesvos divertir moito mentras aprendedes coordinación e diversos tipos de bailes. Se che gusta bailar, ésta é a túa actividade”, explica a monitora de clase de Máis que Zumba de Barreiro, Carla Striccoli.

Os pasos de zumba son moi sinxelos, como podes observar no seguinte vídeo, polo que é unha actividade que pode realizar todo o mundo que esté disposto a pasalo ben mentras fai exercicio.