En Máis que Auga, moito máis para os nosos peques

29/02/2020

Máis que Auga é unha familia, unha gran familia na que queremos que todos teñades o voso sitio. Por iso, a partir do 1 de marzo ampliaremos, nos nosos tres centros, o número de actividades de seco incluídas no abono para os máis pequenos. Cal é o obxectivo? Que todos teñades o voso momento, que a familia poida acudir xunta a  Máis que  Auga, e que mentres os nenos están nas clases de  wodfit, zumba,  pump ou  combat, os seus proxenitores poidan estar a gozar doutra sesión, adestrando pola súa conta ou na piscina ou o spa.

 

Así, desde o 1 de marzo, haberá ao redor de dez propostas gratuítas semanais en cada unha das nosas instalacións (ademais doutras de pago, como ballet, taekwondo ou ioga). Como sempre, as clases estarán divididas en dúas franxas de idade (Kids para nenos/ as de 4 a 8 anos, e júnior, de 9 a 14 anos) e estas actividades danlle a posibilidade de compartir momentos, diversión e actividade física con outros nenos e nenas da súa idade.

 

Nas seguintes ligazóns, poderedes consultar os horarios das actividades infantís nos tres centros.

Como poderedes ver, ás xa coñecidas por todos de Zumba e  Wodfit, engadimos Pump e  Combat júnior, que se estrearán nos próximos días. Ademais, non esquezades que desde hai uns meses, a partir dos 14 anos, os  xovenciños xa teñen acceso a sala fitness, polo que as posibilidades son infinitas.

 

Abono familiar

 

Entre as diferentes modalidades de abonos de Máis que  Auga contamos coa do abono familiar, que resulta moi beneficioso economicamente cando son varios os membros que acoden ao centro. Así que se a ti e os teus gústavos gozar dunha vida saudable, con actividade física tanto para os maiores como os máis pequenos, sen dúbida esta é a túa mellor opción para conciliar o tempo de lecer e en familia da mellor forma. Non dubides en consultar as condicións deste abono na recepción de calquera dos nosos centros.

 

E é que en Máis que  Auga atoparás opcións de divertimento para todos: clases dirixidas para nenos e maiores; piscina, na que tamén poderedes compartir xogos en familia na fin de semana, e mesmo a posibilidade de apuntarvos a algunhas das actividades do  Máis que un Plan, que se realizan ao aire libre.