Mima o teu corpo en Máis que Auga

16/09/2017

En Máis que Auga preocupámonos por coidar de ti dun xeito integral. Queremos que te sintas ben tanto por fora coma  por dentro: procuramos o teu benestar. Por iso hai xa un ano que incorporamos aos nosos servizos un gabinete de estética no que o teu corpo recibe todos os mimos que ben merece. Malia que o gabinete está ubicado nas instalacións de Máis que Auga Navia o servizo tamén está ao dispor de todos socios de Coia e Barreiro.

Durante este ano fúchedes moitas (e moitos, tamén) os que pasáchedes polas mans da nosa esteticista, Raquel Delgado. Pero para todos os abonados que aínda non sabedes deste servizo ou que sinxelamente queirades consultar dúbidas Raquel está o 9 de outubro en Máis que Auga Coia e o 16 en Barreiro, nun horario de 10.00h a 13.00h.

Agora que deixamos atrás o verán (polo menos de xeito oficial) é importante limpar o noso corpo de todas as impurezas acumuladas durante os meses estivais. De cara ao outono Raquel recoméndanos estes tratamentos:

-Tratamento corporal: Exfoliación de todo o corpo para eliminar as células mortas

-Tratamento para recuperar a luminosidade do rostro: A nosa pel tamén sufre de estrés despois de todas as horas de sol a que a sometemos. Para combatir a perda de luz e firmeza é importante un tratamento de vitamina C intensivo para que a pel recupere a luminosidade.

-Tratamento capilar:  Para reparar as puntas abertas e a sequedade do cabelo é importante unha boa hidratación e reconstrucción aportando á fibra capilar auga e proteínas.

Consulta aquí  as tarifas e os tratamentos dos que podes gozar no gabinete de estética e a estar guapos!