Milleiros de Papá Noeles solidarios nunha San Silvestre de Vigo de récord

02/01/2020

Novo récord! A San Silvestre de Vigo ano a ano vai superando as súas cifras e acadando novos récords. Na San Silvestre 2019, que este ano tivo a súa saída na rúa Policarpo Sanz, participaron unhas 12.500 persoas, que tardaron máis de once minutos en saír do punto inicial. Éxito absoluto ao superar e por moito a anterior marca de 8.000 participantes. Entre estes milleiros de vigueses non podían faltar os runners Máis que Auga, que acudiron disfrazados e moitos en familia. Coma sempre, dando o toque de cor e de simpatía!

Este ano o noso equipo Máis que Auga apostou pola temática navideña, así que se disfrazaron de Papás e Mamás Noeles, elfos, renos, agasallos… E sempre con ese sorriso e bo rollo que lles caracteriza!

Así gozamos todos de 4 quilómetros de bos obxectivos para o vindeiro ano, pasamos un bo rato en familia e cos amigos, ademais foi unha proba más de solidariedade cos demáis.

Máis que Auga volveu sumarse a esta festa para colaborar con Banco de Alimentos de Vigo. Desta forma, no posto de Máis que Auga intercambiamos un gorro de Papa Noel con cada persoas que entregaba un kilo (ou máis) de comida para Banco de Alimentos e resultou moi emocionante ver a rúa Policarpo Sanz vestida de gorros vermellos representando a solidariedade de milleiros de persoas. E moito máis emocionante foi acadar toneladas de comida non perecedoira, tan necesaria nestas Festas do Nadal e todos os días do ano para aquela xente que ten dificultades económicas.