O sábado 4 de febreiro (16.30 horas) celebramos en Máis que Auga Barreiro a competición de natación 100×100 relevos por equipos. Se tes un grupo de amigos aos que lles guste competir apúntate na web. Tes de plazo ata o xoves 2 de febreiro ás 22 horas. O custe da proba é de 20 euros por equipo e o único requisito que se precisa para inscribirse é que o capitán do equipo sexa socio de Máis que Auga. Nesta competición poden participar un total de 12 equipos.
En qué consiste a competición? Trátase dunha proba por equipos (de 8 a 10 integrantes) no que cada un dos membros ha de realizar cen metros e darlle o relevo ao seguinte competidor. Así ata cumplir cen tandas de cen metros.
O primeiro equipo clasificado gañará unha mensualidade de balde para os membros do equipo que sexan socios e a matrícula de balde para aqueles que non o sexan e queran facerse abonados. O segundo equipo clasificado recibirá un curso de natación dun mes para socios e non socios. O terceiro clasificado terá como premio un curso de natación dunha semana,
Todos os participantes en el relevo 100×100 recibirán como agasallo unha invitación para dúas persoas para utilizar as nosas isntalacións.