Melcior Mauri imparte unha clase maxistral en Máis que Auga

Máis que Auga ofréceche a oportunidade de gozar dun adestramento personalizado cunha figura histórica do ciclismo español.  Melcior Mauri está o 30 de xuño nas instalacións de Máis que Auga Barreiro onde imparte unha clase maxistral de ciclo indoor, actividade da que é precursor no noso país.  As clases están abertas a todo o público: técnicos, abonados e externos. As incricións poden realizarse en calquera dos centros Máis que Auga de Barreiro, Coia ou Navia.

Trala súa retirada do ciclismo profesional,  Melcior Mauri leva case 20 anos adícase a formar profesionais nesta disciplina creando un método de traballo propio regulando o control da intensidade e a posición na bicicleta. Os asistentes á clase maxistral do 30 de xuño poden coñecer de primeira man parte deste método elaborado por esta figura deportiva.

Melcior Mauri gañou a Volta a España de 1991 e o Campionato de España Contrareloxo de 1995. Sumou 52 vitorias nos seus anos como profesional, chegando a ser sexto no Tour de Francia de 1995, sexto nas Olimpiadas de Atlanta de 1996 e segundo  no Campionato Contrareloxo de Holanda de 1998.  Tamén foi gañador de dúas  Voltas  a Valencia no 1991 e no 1992. Ademáis foi o máximo responsable do FC Barcelona de Ciclismo.

O horario das clases é o seguinte:

  • Técnicos: 11:30h a 12:30h
  • Usuarios  16:30h a17:20h/  17:30h a 18:20h

Os prezos das clases son os seguintes:

  • Abonados:  2,99 €
  • Externos: 5,99 €
  • Técnicos 3,60

Máis que Auga é o líder galego en instalacións deportivas: conta con tres completas instalacións  en BarreiroCoia Navia dende as que da servizo á maioría da poboación viguesa e na que se poden practicar todo tipo de disciplinas deportivas e as últimas tendencias en fitness. Os complexos deportivos de Máis que Auga contan con amplas sala fitness, piscinas,  pistas de pádel, boxes de wodfit e spa.  A empresa ven de acadar a súa cifra máis elevada de clientes, con 21.000 socios dos que un 52% son mulleres.O equipo de Máis que Auga está formado por 120  profesionais altamente cualificados e especializados  que ofrecen un trato personalizado aos usuarios con asesoramento e seguemento nos seus adestramentos.