Matrícula gratis para as primeiras 200 altas online de cada centro

03/10/2019

Temos boas noticias para todas aquelas persoas que non chegaron a tempo para darse de alta no mes de setembro… Ampliamos a campaña coa matrícula gratis para novos socios/as, pero iso si, o proceso será online! Apresúrate que só é para as primeiras 200 altas de cada centro!

Queres facerte abonado/a de Máis que Auga nas mellores condicións económicas? Estás de sorte! Ata o 15 de outubro podes facelo a través de mqa/parati e terás a matrícula gratis*. Non tardes! Temos un sitio para ti en Máis que Auga. É moi sinxelo, entra en mqa/parati e vai seguindo as indicacións.

Recorda que esta campaña é para as tres instalacións de Máis que Auga (Barreiro, Coia e Navia), que son moito máis que un gimnasio, unha piscina, ou unhas pistas de pádel. En Máis que Auga atoparás un lugar de encontro para a práctica deportiva coa túa familia e amigos, propostas para facer tanto dentro como fóra dos nosos centros, máis de 350 clases semanais, tentando chegar así a todas as necesidades horarias, 120 profesionais para atenderte… Xa estás tardando!

*A matrícula será gratuíta para as 200 primeiras altas de cada centro, e a partir da 201, abonarase o 50% da matrícula. Ademais esta promoción só é válida para novas altas ou para aqueles ex socios que non se deran de baixa despois do 30 de abril do 2019.