Masterclass de Hip Hop en Barreiro, o 20 de febreiro

14/02/2016

O 20 de febreiro (11.30 horas) celebraremos en Máis que Auga Barreiro unha masterclass de Hip Hop.

A clase será impartida por Águeda Alvarez, profesora especializada nesta clase de bailes. A actividade será de balde para os socios de Máis que Auga e terá un custe de 12,50 euros para non abonados. Todos/as os/as interesados poderán inscribirse na recepción dos nosos centros ata encher o aforo (30 prazas).

Esta actividade está incluída no Máis que un Plan que desenvolve Máis que Auga, programa   que xurde pola necesidade de responder á responsabilidade social da nosa empresa, que ten nos seus sinais de identidade a promoción do deporte, os hábitos saudables e o fomento da interacción entre as persoas en entornos de ocio.