MÁSTER ONE, O MÁIS RÁPIDO DE TODOS OS 100X100!

27/02/2023

Xa temos gañador da sexta edición do 100×100 substitucións por equipos! Máster One, cun tempo de 2 horas, 8 minutos e 12 segundos, proclamouse gañador desta última edición, pero ademais fíxoo logrando o mellor tempo de todas as edicións desta proba.

 

O 100×100 celebrouse este sábado 25 de febreiro en Máis que Auga Barreiro con seis equipos participantes, que loitaban por ser o máis rápido, e tamén por pasar unha tarde moi divertida facendo o que máis lles gusta: Nadar e competir.

O podio completouse con Tiburones de Navia en segunda posición e Máis que Rías, no terceiro posto. O primeiro clasificado recibiu, ademais do seu trofeo, unha mensualidade gratis no abono MQA para os integrantes do equipo que sexan socios, mentres que os non abonados terán a posibilidade de facerse socios con matrícula gratis. O segundo clasificado tamén recibiu o seu trofeo, así como, durante un mes, un curso de natación gratis de dous días á semana (tanto para socios como non socios), mentres que os terceiros levaron un trofeo e un curso de natación gratis durante un mes dun día á semana.

 

Como xa sabedes, esta competición é unha proba por equipos (de 8 a 10 integrantes, dos cales polo menos dous son mulleres) e cada un dos membros do equipo realizaba cen metros e daba a substitución ao seguinte competidor. Así ata cumprir cen quendas de cen metros.

 

Desde Máis que Auga queremos dar as grazas a todas e todos os participantes por facernos vivir un día máxico. E agora, que despedimos o 100×100, queremos dicirvos que xa estamos co próximo evento! Así que estade atentos ás nosas redes porque xa estamos a preparar Ciclauga, unha competición na que se combinan bicicleta e piscina, e que se celebrará no mes de maio. Esperámosvos!