Máis de 500 socios novos. Benvidos!

16/11/2016

Máis de 1.000 persoas viñeron probar as instalacións de Máis que Auga  dende o 3 de outubro ao 10 de novembro dentro da campaña de promoción Es dono do teu corpo. Adéstrao.  Máis que Auga está moi satisfeita da acollida porque máis da metade fixéronse socios nalgúns dos nosos tres centros en Barreiro, Coia e Navia. A todos eles, benvidos!

A campaña Es dono do teu corpo. Adéstrao ofreceu a todos os que se apuntaron nela sete días de adestramento personalizado de  balde. Os que se deron de alta antes do 10 de novembro tiveron un agasallo de benvida e gozan do 50%  de desconto na cota de decembro.

Máis que Auga quixo premiar aos socios así que tamén houbo agasallo para quen trouxo un amigo que se deu de alta en  Máis que Auga.

Dámoslle a benvida a todos os novos socios. Unha vez rematada a promoción, únicamente queda aberta para aquelas personas que se apuntaron mais non tiveron oportunidade de probar ás instalacións e os seus servizos; ata finais de novembro  o equipo de atención ao cliente poñerase en contacto con eles para que poñan un día e hora e podan vir probalas. Quen se dea de alta  antes de rematar novembro terán o 50% de desconto na cota de decembro.