Agardamos por ti no Vao!

10/05/2017

Por fin chegou o momento de saír da piscina, meternos dentro do neopreno e lanzarnos ao mar. Durante o verán o grupo de travesías de Máis que Auga adestramos na praia do Vao, de 9.15 ha 10.15horas.

O adestramento está aberto para os niveis de máster e perfeccionamento. O grupo está coordenado polo responsable de travesías, Alex Brea. “Non fai falla ser un profesional para formar parte deste grupo, senón que con nadar ben, chega”, explica o experto, que entre outros adestra ao supercampión olímpico Chano Rodríguez. O feito de combinar adestramento en grupo e natureza é perfecto non só polo sentimento de benestar que xenera senón pola relación que se establece co resto de participantes: o mar une e da forza.

Ao adestramento de travesías  poden apuntarse todos os que queiran. É gratuito para todos os que teñan contratado algún curso de natación en Máis que Auga. Para os abonados que non sexan cursillistas o prezo é de 11,15 euros. Os interesados que non sexan socios teñen unha tarifa de 22,50 euros. Podes apuntarte na recepción de calquera dos 3 centros de Barreiro, Coia e Navia.

Os externos que desexen formar parte deste grupo de travesías se lles fai unha proba de nivel nas nosas intalacións. Para participar neste adestramento ao aire libre é imprescindible ter contratado o seguro que ten un coste de 7 euros.

Se o teu medio é a auga e aínda non es parte do grupo de travesías Máis que Auga  é hora de que te molles! Agardamos por ti!