Maratón solidario polos refuxiados, obxectivo cumprido

O Maratón Bike solidario cos refuxiados sirios, celebrado en Máis que Auga Navia o pasado día 11 de xuño resultou todo un éxito. Participaron máis de medio centenar de persoas que pedalearon durante períodos dunha hora nas bicicletas de spinning. Ademais contouse coa numerosa presenza do persoal de Máis que Auga e, entre outros, da paratriatleta Susana Rodríguez.

O resultado final foron 3.600 quilómetros percorridos, 5 horas de actividade, e unha recadación de 147  euros aportada polos participantes, que unidos á achega adicional de Máis que Auga, de 0,10 euros por quilómetro, suma a cantidade de 507 euros. Diñeiro que foi doado na súa totalidade a unha da campaña de Unicef da que se benefician nenos sirios.

A maiores, conseguiuse a doazón dunha tonelada de roupa e calzado para que a Ong Alhambra Internacional leve aos campos de refuxiados en Grecia. Na foto, membros desta organización ante parte da roupa recollida.

2016-06-11-PHOTO-00000351

Guardar

Esta acción enmárcase dentro da aposta de Máis que Auga pola responsabilidade social corporativa que desenvolve a través do seu programa Máis que un Plan.

Guardar