Mantén a raia o teu peso

19/03/2017

Chega a primavera e todos empezamos a preocuparnos polo noso peso, por eses quilos de máis que tanto nos custa eliminar. En Máis que Auga  sabemos o difícil e tedioso que resulta facer as paces coa báscula e por iso, dende o noso servizo de nutrición queremos axudarte e motivarte para que o consigas.

Como non queremos que sufras nin ti nin o teu peto temos preparada unha promoción especial: se te das de alta no Programa Activo de Control de Peso antes do 15 de abril, regalámosche dúas sesións de adestramento persoal.

Cales son as características deste programa e que inclúe?

  • Dúas revisións ao mes nas que a nosa dietista elabora e revisa a túa dieta adaptándose ás túas necesidades e ao teu estilo de vida
  • Con este programa entras a formar parte do Reto#3.1, un adestramento específico para perder peso, que ten lugar dous días á semana
  • O prezo deste programa é de 50 euros mensuais para os socios
  • Poden contratalo os usuarios das 3 instalacións de Barreiro, Coia e Navia

O servizo de nutrición Máis que Auga non está  enfocado só a persoas con problemas de sobrepeso senón tamén a todos os que queiran aprender algunhas pautas para mellorar a súa alimentación e cambiar a súa relación coa comida.

En Máis que Auga queremos promover hábitos de vida saudables combinando a práctica deportiva cunha alimentación equilibrada: unha boa dieta axuda previr un bo número de enfermidades crónicas.