MAÑÁ 1 DE SETEMBRO ARRINCA A NOVA TEMPADA!

31/08/2021

Agosto dinos adeus, o verán escápasenos rapidamente e chega o momento de volver ás nosas rutinas. Seguro que moitos/as estades a desexar retomar a normalidade, aínda que haberá tamén xente á que lle custe dicir adeus ao sol, as terrazas, as vacacións… Pero aquí estamos en Máis que  Auga para desperezarvos!

 

Mañá 1 de setembro comeza a nova tempada con algunhas novidades, pero sobre todo con optimismo, ganas de pasalo ben, de espremervos e de sacar o mellor de vós en cada momento! Así que, fose preguiza, ide en busca das vosas zapatillas ou chanclas; roupa de deporte ou bañador e volvemos ao traballo!

 

Unha das principais novidades deste “curso” é o cambio das actividades de sala. Mañá, día 1, teremos unha xornada de “presentación” das novas clases de  FITConcept Pro en todos os centros, que iredes coñecendo aos poucos. Ademais das máis habituais, haberá dúas novidades (incluídas no abono) que vos poden resultar moi interesantes:  Zenyo e  Pyro.

 

Aquí tedes unhas pinceladas de ambas actividades.  Zenyo é un programa baseado en disciplinas como pilates, ioga e adestramento de mobilidade, acompañado de música.  Pyro é o último en programas de adestramento  HIIT (adestramento  interválico de alta intensidade).

E se estás son as novidades en sala, lembrade que esta tempada os cursos de piscina para nenos comezarán en setembro. O ano pasado, pola pandemia, atrasouse o inicio ata outubro, pero agora, coa vacinación moi avanzada e a situación sanitaria moito máis controlada, volvemos aos horarios habituais.

Xa podedes consultar os horarios dos cursos tanto aquí, na nosa páxina web, como no propio centro. E como sempre, poderedes facer a reserva dos mesmos a través da APP, a páxina web ou ben nos quioscos do teu centro.

Cursos para adultos, para nenos, para maiores; auga, sala, pádel; unha enorme oferta para chegar a todas e todos: Aos que preferides un adestramento intenso ou aos que buscades algo máis relaxado; para aqueles a os que vos gusta a auga, ou os que prefiredes as máquinas; os que queredes xogar unha partida ao pádel ou pasarvos polo spa. Todos tedes o voso oco en  Máis que  Auga! Esperámosvos!