Mamás moi fit

06/02/2019

Denis séntese coma na casa. A sala na que se imparten as clases de Fit Mom – post parto é, para el, un espazo de estímulos contínuos dende que se levantou da colchoneta verde, que ocupaba xunto aos seus compañeiros máis pequenos hai tan só unhas semanas.

Fit Mom no solo me ayuda físicamente, sino también mentalmente” Noelia Conde

Mentres Denis descobre diferentes obxetos e camiña ao longo e ancho da sala, a súa mamá, que se chama Noelia Conde, aproveita ao máximo a clase impartida por Jana Nogueira, nas instalacións de Navia. É unha veterana. Leva acudindo dende a corentena e asegura que Fit Mom axúdalle non só físicamente, senon “también mentalmente”. Baixou 25 kg tras o parto grazas a esta actividade, combinada co baile, e afirma que a clase de Fit Mom para embarazadas tamén lle axudou á hora de dar a luz. “Tuve un parto demasiado fácil, fui mucho más tranquila y las clases me ayudaron mucho en cuanto a la colocación de la cadera”.

Ao seu carón, María Rey, Mercedes Varela e outras tres mamás, asenten. Fit Mom – post parto parece ser o seu remanso de paz. “No me veo haciendo otra cosa que no sea esto. Me cuido a mi misma, me voy recuperando del parto y, además, puedo traer a la bebé, es perfecto”, di María. “Es genial que nos recojan a los dos”, engade Mercedes entre risas.