MáisNews, novo boletín informativo para a familia Máis que Auga

18/06/2019

Máis que Auga está de estrea! Hoxe presentamos MáisNews, o novo boletín informativo para as e os nosos usuarios, no que contaremos as nosas actividades, novidades e propostas.

No número 1 de MáisNews facemos un repaso dos dous grandes eventos do último mes celebrados en Máis que Auga: O Vigo Open de Pádel e o Festimáis, nos que a nosa empresa amosou unha vez máis a súa capacidade organizativa.

Ademais, a punto de comezar as vacacións para os pequenos da casa, informamos sobre o Campus Multideporte, nas sedes de Barreiro e Navia, onde como grandes novidades teremos excursións e un horario máis amplo, sempre da mán d@s mellores técnic@s.

E tamén neste número anunciamos as obras previstas no Centro de Coia, que están a piques de comezar e que nos permitirá ampliar a sala fitness en 250 metros e ofrecer moitas máis novidades para @s nos@s clientes: Un sistema de climatización novo; máquinas cardiovasculares de última xeración,  o sistema de adestramento monitorizado e intelixente E-Gym Visión, que aínda non se utilizou nin en Vigo nin en Galicia. En total, un investimento de 600.000 euros para conseguir unha das mellores e máis completas instalacións de Galicia.

No enlace, podedes ver o boletín informativo MáisNews