Máis que verán, con cursos de balde para socios

23/06/2015

Máis que Auga non para en verán.  Ademais das actividades e o horario habitual, temos unha programación e ofertas especiais para os nosos socios: cursos de auga e sala gratis, reservas de pista de pádel de balde e pista multideporte en Barreiro para toda a familia, así como a posibilidade de utilizar indistintamente as dúas instalacións.

Temos máis sorpresas para todos!

A empresa pon en marcha durante o verán unha promoción pola que se un socio trae unha nova alta, ambas persoas saen beneficiadas: Un mes gratis para o socio (paga xullo e agosto, gratis) e o novo abonado non terá que pagar matrícula e o mes de agosto, sen custe.
E unha vez dentro, xa sabedes, cursos de auga, sala e reserva de pista pádel de balde! E todas as persoas que, de forma individual,  se dean de alta durante os meses de xullo ou agosto tamén teñen un agasallo, xa que non se lles cobrará a matrícula.