Máis que Peques volve con máis ocio infantil en Vigo

17/10/2016

O centro de ocio infantil  Máis que Peques, nas instalacións deportivas de  Máis que Auga Navia,  inaugura un novo curso con moitas novidades e unha morea  de actividades para os teus fillos. Os nenos se entreteñen con monitores especializados na xogoteca e pasan un rato divertido e creativo  aprendendo, mentras fas deporte en Máis que Auga, ou sinxelamente gozas dun tempo e un espazo para ti.

A xogoteca de Máis que Peques abre todas  as tardes, de luns a venres, de 16.30 h a 20.00 horas e os nenos poden gozar de moitos xogos e actividades para pasar a tarde: xogos simbólicos, manualiddes, hinchables, cancioeiros infantís, circuitos de educación vial…

O bono dunha hora costa  3 euros para abonados e 4 euros para os non socios. O bono de 5 horas (cunha caducidade de 3 meses) costa 14 euros para abonados e 18 euros para non socios de Máis que Auga. O bono de 10 horas (cunha caducidade de 3 meses) costa 27 euros para abonados e 36 euros para os non socios.

Durante a semana, a xogoteca tamén ten programadas outras actividades:

De luns a venres 16.30h a 17.30h:  Máis que Peques Xogos, actividades  dirixidas a nenos de 2 a 3 anos .O custo desta actividade é de 16,70 euros mensuais para os abonados e de 20,70 euros para os eventuais.

Luns e e mércores de 18.00h a 20.00 h:  Multiactividades que inclúen obradoiros de creatividade (pintura, manualidades, expresión teatral) xogos na piscina e, para rematar, merenda. Poden participar nenos de 4 a 12 anos. O prezo é de 60 euros mensuais para abonados e de 65 euros para eventuais.

Máis que Peques tamén abre a fin de semana de 11.00 h a 14.00 horas e de 16.30 h a 20.00 horas para a celebración de cumpreanos: venres pola tarde, sábados, domingos e festivos. Podes escoller dúas modalidades de celebración: Máisquecumple ou Aquacumple. Nos menús tes a posibilidade de ter menú sin lactosa ou menú para celíacos.

Maisquecumple:  inclúe menú, bolsa de chuches, diversión organizada con monitores, tres horas de festa, tarta e tarxetas de convite. O prezo é de 10 euros para abonados e 12 euros para os que non sexan socios de Máis que Auga.

Aquacumple:  inclué menú, bolsa de chuches, unha hora de xogos na piscina adaptados á idade dos nenos, dúas horas de festa, tarta  e tarxetas de convite. O prezo é de 12 euros por neno para abonados e 14 euros para non socios.

Con este amplo abano de posibilidades Máis que Peques convértese nun referente no ocio infantil en Vigo.