Mamá con un bebé en clase de natación en piscina Vigo

Máis que felices: así son os bebés na auga

22/01/2017

David ten 20 meses e é usuario de Máis que Auga dende antes de nacer: a súa nai, Alicia, o levaba na barriga dende o sexto mes de embarazo ás clases de Embarazauga.  Pode que esa sexa unha das razóns pola que David é tan feliz na auga cada vez que acude a súa clase de natación semanal nas  instalacións de Coia. Xunto a Alicia e David hai outros pais e nenos que van a Escola de Actividades Acuáticas para bebés como Xosé e a súa filla Lucía de 10 meses e Catalina e a súa nena Zoé de 13 meses

Un dos obxectivos das clases de natación para bebés é que dende ben pequenos  aprendan a relacionarse de xeito lúdico e positivo coa auga e a interaccionar con outras persoas a través de xogos:  é un xeito de que o neno aprenda a socializar, a gañar confianza e tamén a relaxarse.

Os bebés están acompañados en todo momento polos seus pais o que favorece a relación afectiva entre os dous e intensifica o vínculo emocional que existe entre eles. A  relación temperá coa auga axuda a que o bebé desenvolva unha maior percepción do mundo que o rodea e aprenda a ser máis creativo e observador. Favorece tamén o sistema inmunolóxico e as súas habilidades psicomotrices.

As clases duran 30 minutos e están dirixidas a bebés de entre 6 meses e 3 anos. Nas instalación de Barreiro e Coia, teñen un custo mensual de 8,10 euros para socios e 16,20 euros para non socios. En Navia o prezo é de 8,35 euros para socios e de 16,65 para non socios.