Máis que Auga ten máis capacidade que nunca

30/09/2015

Máis que Auga ten máis capacidade que nunca para ofrecerte todo tipo de cursos e abonos nas súas instalacións deportivas de Navia, Barreiro e Coia.

Vimos de superar a cifra de 16.400 socios, os nosos clientes especiais, aínda que tamén podes acudir a practicar deporte sen estar abonado.

Máis que Auga conta en Vigo con 18 pistas de pádel, 6 piscinas, 3 balnearios urbanos e as mellores instalacións para a práctica e adestramento de todo tipo de deportes e actividades. Para nenos e maiores, queremos darche a mellor calidade de atención dos nosos 80 profesionais e técnicos deportivos. Con aparcamento gratuíto en Barreiro e tamén en Navia, onde ademais dispoñemos dun aparcamento baixo a instalación para os nosos socios. Para vos.

Ven a Máis que Auga temos o deporte ou a actividade que buscas.