Máis que Auga supera os 730.000 usuarios ao ano

A nosa empresa deportiva Máis que Auga acadou durante a tempada 2013/14 os 730.500 usuarios consolidándose como a firma privada de centros para o deporte máis importante de Galicia.

Entre setembro de 2013 e septembro de 2014 Máis que Auga situou a súa cifra de socios, abonados e cursillistas en torno ás 18.000 persoas nos seus centros de Barreiro e Coia.

A empresa está enfocada á prestación de servizos deportivos e ao fomento do deporte en todas as idades. Máis que Auga ofrece neste momento seis tipos de abonos individuais: adulto, xove, maior de 60, discapacitado, matinal, pádel e un abono familiar (titular, cónxuxe e fillos). A variedade de abonos permite cumprir co obxectivo de prestar servizo e instalacións deportivas nas mellores condicións de prezo e calidade a toda a poboación viguesa.