Máis que Auga súmase á campaña Cada neno, un xoguete

Máis que Auga súmase á campaña “Cada neno, un xoguete” cun interesante trueque para aquelas persoas que participen nesta iniciativa. A nosa firma ofrece un total de 220 prazas en diferentes actividades e talleres para niñ@s que se impartirán nos centros de Coia, Barreiro e Navia. O custo de inscrición en calquera destas actividades será dun xoguete novo ou usado (se está en boas condicións). Máis que Auga entregará todos os xoguetes recolleitos ás asociacións promotoras deste proxecto (Iniciativa Local e Asociación Stop), para que ningún neno quede sen xoguetes este Nadal.

A iniciativa está aberta a todo o público en xeral e podes reservar a túa praza na actividade que máis che guste a través desta ligazón  (ata que o aforo estea completo). O pago do curso (o teu xoguete) realizaralo no momento de acudir a participar no taller ou curso elixido. Poderás apuntarche a taekwondo, kárate, zumba (a partir de 4 anos) en calquera dos tres centros (Coia, Barreiro e Navia)  ou aos talleres de cociña, xogos ou debuxo en Máis que Peques (de 2 a 12 anos).

Tamén podes participar nesta iniciativa, aínda que  non participes nos cursos, entregando xoguetes nas nosas instalacións. Tanto as actividades como a recollida de xoguetes realizaranse entre os días 9 e 15 de decembro.

 

 

DataActividadeHorarioPrazas
Mércoles 09Máisqueartista17.30h40
Taekwondo Navia19.00h20
Xoves 10Máisquechef17.30h40
Kárate Navia18.15h20
Venres 11Máisquepequexogos17.30h40
Luns 14Zumba Barreiro (4-17)19.00h40
Martes 15Taekwondo Florida17.0020