MÁIS QUE AUGA, SOCIO HONORARIO DO CLÚSTER DO DEPORTE GALEGO

17/11/2022

As empresas do sector do deporte galego pasaron, e están a pasar, por momentos complicados e é precisamente neste tipo de situacións onde máis necesario é estar unidos e fortes para plantar cara aos problemas.

 

Por iso, por mor da pandemia da COVID-19 e das consecuencias que xerou no sector do deporte, xurdiu en 2021 o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, que naceu co gran obxectivo global de aglutinar ás entidades vinculadas ao sector, para situar á industria do deporte en Galicia nunha posición de liderado competitivo e de contribuír, ademais, á mellora da calidade de vida en Galicia.

 

Máis que Auga entendeu a importancia desta agrupación industrial desde o inicio e proba diso é que a nosa empresa é socia honoraria do Clúster e aparece representada na directiva que acaba de tomar o mando desta plataforma, coa presenza do director xeral de MQA, Francisco Cortegoso.

 

Neste pouco máis dun ano de vida, o Clúster -coa olímpica Sofía Toro como xerente- xa conta con 64 empresas asociadas, e a ruta marcada para a nova directiva está clara: “Seguir aumentando a nosa representación para que o sector sexa cada vez máis forte e creemos un entorno do que poidan xurdir proxectos conxuntos e innovadores que manteñan a Galicia na vangarda da industria do deporte”. Hai que lembrar que a industria do deporte en Galicia conta con máis de 2.000 empresas, que xeran máis de 12.000 postos de traballo, o que supón o 2,5% do PIB galego. Por todo iso, a xunta directiva quere formar unha plataforma forte para ter capacidade de influencia nos lugares onde se toman as decisións; poder propoñer plans estratéxicos; lograr dar visibilidade e prestixio tanto á agrupación industrial como ás empresas que o forman; ser unha fonte de acceso ao coñecemento, a través dos convenios coa Universidade,  e, por último, informar a todas as empresas asociadas sobre o que se está facendo no sector, tanto a nivel nacional como internacional.

 

Reunión Xunta

Hai só uns días, o Clúster reuniuse co vicepresidente da Xunta de Galicia, Diego Calvo, e o secretario xeral para ou Deporte, José Ramón Lete Lasa. No devandito encontro, a entidade lembrou a importancia da industria do deporte na economía e sociedade galega e insistiiu na importancia de poñer en marcha un plan que sirva para reactivar o sector e aumentar a taxa de poboación activa.