Mais que Auga segue pechada e á espera da data de regreso

11/05/2020

Aínda non chegou o momento da reapertura de Máis que Auga trala crise sanitaria provocada polo COVID-19. Temos tantas gañas como vós de volver coidarvos, pero iso non será posible ata que as autoridades sanitarias dean o permiso necesario. Mentres, nós seguimos traballando no acondicionamento nas nosas instalacións co obxectivo de que todo estea preparando para cando poidades acceder ás mesmas e que sexa coas maiores medidas de seguridade. Queremos un entorno seguro para todas e todos!

 

Nas últimas horas recibimos moitos correos e mensaxes a través das redes preguntándonos se iamos abrir. A confusión nace polo feito de que dende hoxe (fase 1 da desescalada) poden abrir as instalacións deportivas ao aire libre ou os centros deportivos con adestramentos individualizados, pero Máis que Auga non entra en ningún destes apartados, polo que continuamos na mesma situación que ata o de agora: Pechados e sen pasar cota algunha aos nosos abonados e abonadas.

 

Como sabedes, no estado de alarma que estamos a vivir por culpa do COVID-19, as cousas cambian en horas e todos dependemos do que decidan as autoridades sanitarias. Iso si, comprometémonos a que tan pronto saibamos a data na que poderemos volver a estar en activo e as condicións do regreso, poñerémonos en contacto con vós para que esteades informados de todo COA MÁXIMA ANTELACIÓN POSIBLE. A través das redes sociais e do correo electrónico contarémosvos como será o regreso, as medidas de seguridade que aplicamos nas nosas instalacións  e cal será o aforo permitido. Non os preocupes, porque vós seredes os primeiros en coñecelas!

 

E mentres non regresamos, recordade que podedes seguir as nosas clases a través de Casagym, para que poidades facer deporte na casa e mantervos en forma e animados! Tedes as clases en directo todos os días (a conexión faise so uns minutos antes), ou ben podedes ver as clases gravadas e elixir á hora que queirades a temática que máis os interese ou mellor se vos adapte.