Máis que Auga “reúne o que os vigueses piden”

26/02/2016

Máis que Auga recibiu onte na gala dos premios Aproin 2015 o premio á mellor edificación non residencial da provincia. O premio foi entregado polo presidente da Xunta de Galicia nun acto celebrado no Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo ante 200 empresarios e autoridades públicas.

“Máis que Auga Navia reúne tódalas características que os vigueses sinalan para un edificio mediambientalmente axeitado, nunha enquisa que vimos de facer sobre as opinións contra o cambio climático”, sinalou onte o presidente do xurado dos premios Aproin, Luis Espada Recarey.

Francisco Cortegoso, director técnico de Máis que Auga, destacou que “o mellor dun edificio é o que está dentro: os 80.000 vigueses que veñen facer deporte e gozar de múltiples actividades e o equipo que os atende en todas as súas necesidades”.

Ao acto de entrega do XII premio Aproin asistiu o presidente da Xunta de Galicia , e os representantes da asociación de promotores, ademais de numerosos representantes do mundo da empresa e a política.