Máis que Auga reúne 250 xogadores no BMW Pádel Grand Tour esta fin de semana

25/03/2019

Os centros deportivos Máis que Auga reúnen a 250 participantes no Circuíto BMW Pádel Grand Tour 2019, do que serán sede oficial en Galicia esta fin de semana (entre o 28 e o 31 de marzo). A proba, de nivel nacional, pasa por 21 cidades españolas. O torneo dispútase integramente nas pistas de Máis que Auga en Navia, consideradas entre as mellores instalacións de pádel tanto por profesionais como por afeccionados.

A de Vigo é a segunda parada do circuíto que comezou o día 7 de marzo en Castellón e remata o 3 de novembro coa súa fase final en Málaga. Da man de Máis que Auga, Vigo será unha das dúas cidades galegas polas que pasará a proba, xunto con A Coruña.
As parellas de xogadoras e xogadores de pádel da provincia de Pontevedra que desexen participar no circuíto farano mediante un sistema de cadros eliminatorios. As probas desenvolveranse ao longo de catro días nas instalacións de Máis que Auga, resultando unha parella campioa, subcampioa e campioa de consolación na segunda e terceira categoría masculina e feminina, a nivel local. Todos os gañadores recibirán un trofeo e serán agasallados con diferente material deportivo, nun acto de clausura do certame que terá lugar nas instalacións de Navia o día 31 de marzo. Este mesmo día, tamén se celebrará unha clase e un partido de exhibición a cargo dos xogadores profesionais da World Pádel Tour Álex Ruiz e Seba Nerone.

Na cita viguesa tamén participarán aquelas parellas de xogadores e xogadoras da provincia de Pontevedra convidadas por BMW para disputar o torneo na primeira categoría BMW masculina e feminina. Os gañadores clasificaranse para participar no torneo final en Málaga, con gastos pagados.

Cómo participar no circuito
A proba está dirixida a todas aquelas parellas de xogadores e xogadoras de pádel amateur maiores de 18 anos e empadroados na provincia de Pontevedra, que non sexan profesionais nin monitores de pádel de centros deportivos. Os participantes clasificaranse segundo o seu nivel nas categorías 2ª (nivel medio-alto) e 3ª (nivel medio-baixo), tanto masculina como feminina.

Podes realizar aquí a túa inscrición