Máis que Auga presenta o primeiro vídeo colaborativo realizado nun ximnasio en Galicia

02/09/2019

Máis que Auga presenta o primeiro vídeo colaborativo realizado nun ximnasio en Galicia. Foi un traballo feito grazas a colaboración dos clientes de Máis que Auga que ao longo de  todo o verán foron aportando as súas imaxes para facer a montaxe final.

 

Comezamos coa película MQA a comezos do mes de xuño cun post nas redes sociais da empresa na que animamos a todos os usuarios dos nosos centros a enviarnos algún dos seus momentos con nós: adestrando, falando, correndo, nadando, rindo, sufrindo… E así foi! Recibimos un total 114 vídeos e contamos con 6.800 segundos de metraxe para configurar a nosa película final, na que participan ao redor de 100 “actores”.

 

Despois de ver todos os minutos gravados recibidos, quedounos claro que a idea que transmitían todos os nosos “directores colaboradores” era o bo ambiente que hai en Máis que Auga e en especial a magnífica relación cos nosos técnicos, así que ese foi o sentido que intentamos transmitir na montaxe final de pouco más de tres minutos e medio realizada por Xosé Teiga Studio.

 

Quedaron fóra moitos minutos, moitas tomas falsas e sobre todo moitas risas… Porque iso foi o que máis aparecía nos preto de 120 minutos gravados nas nosas instalacións: Risas, enerxía e ganas de seguir divertíndose facendo deporte. Porque como sempre dicimos, Máis que Auga é moito máis que un ximnasio e todas as persoas que entran pola porta enseguida se dan conta de que pasan a formar parte dun colectivo: Da familia Máis que Auga.

 

Aquí tedes a nosa película!