Máis que Auga prepara ás embarazadas

21/02/2016

En Máis que Auga temos actividades pensadas por e para as mulleres embarazadas. Durante o período de xestación é moi importante coidarse e por iso, Máis que Auga conta con cursos específicos para as mulleres embarazadas.

Sesenta mulleres embarazadas xa disfrutan das vantaxes do exercicio específico para o seu estado. Nas tres instalacións (Barreiro, Coia e Navia) temos o curso na auga embarazauga, que ten como obxectivo fundamental traballar a base pélvica.  O curso tamén prepara o corpo para o parto, mellora a mobilidade e  fornece as costas, que sofren especialmente durante o embarazo, e tamén server coma relaxación para as xestantes. Actualmente temos 24 mulleres nos cursos de embarazauga en Barreiro, 19 en Coia e 17 en Navia.

Nos centros de Coia e Navia temos pilates para embarazadas, que tamén ten como principal  obxectivo reforzar a base pélvica e as costas. As clases axudan a reducir a ansiedade e conseguen que as embarazadas poidan durmir moito mellor, así coma reducir a retención de líquidos. Nestes intres contamos con 7 mulleres na clase de pilates de Coia e 5 na de Navia, polo que son sesión moi persoais e con traballo individualizado.

Podes consultar os diferentes horarios nos seguintes enlaces: