Máis que Auga pecha as súas portas ata o 29 de marzo pola crisis do COVID-19

13/03/2020

A crisis do COVID-19 que está a sacudir con forza a todo o país obriga a Máis que Auga a pechar as súas portas dende hoxe día 13 ata o 29 de marzo, tras recibir a correspondente notificación desde o Concello de Vigo. Nos últimos días as autoridades sanitarias foron anunciando medidas para tentar combater este virus de rápida propagación e agora chegou o momento de decidir o peche temporal das nosas instalacións.

 

Para Máis que Auga o máis importante é a saúde e seguridade de usuarios e traballadores e por iso dende hai varios días a empresa xa puxera en marcha medidas de prevención, aumentando en máis dun 25% as horas de limpeza das instalacións, instalando dosificadores de xel desinfectante para os nosos clientes nos centros e aplicando plans de actuación, polos que se reduciron aforos e o contacto físico no centro. Pero a crise foi en aumento e as autoridades consideraron necesario dar un paso máis adiante nas medidas para frear a expansión do virus.

 

Máis que Auga quere pedir desculpas a todos os seus abonados e cursillistas polas molestias que lles poida ocasionar este peche e anuncia xa que a empresa está a estudar compensacións para aos usuarios por estes días nos que non poderán acudir ás súas instalacións. Estas medidas serán anunciadas nos vindeiros días