Máis que Auga para toda a familia, e de balde

23/05/2016

En Máis que Auga traballamos cada día para mellorar a calidade do servizo que ofrecemos aos nosos usuarios. E en especial ás familias, un dos públicos máis importantes para nós. ¿Sabes que podes gozar de máis tempo de ocio en familia, e de balde? Case 6.200 familias socias de Máis que Auga xa o están a facer.

Entre os servizos gratuitos que ti e os teus fillos podedes utilizar, por ser socios, están o programa Festifamiliy, actividade lúdica para a familia (con nenos de máis de 4 anos), dirixida por un monitor/a con elementos inchábeis e de xogo na piscina mediana. Con estes horarios:

  • Barreiro, martes e xoves de 19.30 a 20.15 horas e sábados de 12.00 a 12.45 horas.
  • Coia, martes e xoves de 18.45 a 19.30 horas  e sábados de 12.00 a 12.45 horas.
  • Navia, luns e mércores de 19:30 a 20:15 horas e sábados de 11.15 a 12.00 horas.

Aquaparty, horarios e rúas habilitadas na piscina pequena con horario libre agás os momentos no que se imparta clases. Os socorristas facilitarán todo o material que se desexe para que os cativos acompañados dos maiores poidan desfrutar cos xogos que máis lle gusten.

E tamén podes usar de forma gratuita a pista multideporte en Navia, onde podes practicar bádminton, baloncesto, voleibol, fútbol…con estes horarios: de luns a venres: 8.00 h a 22.00 horas (excepto luns e mércores ata as 21.00 h), sábado: 10.00 h a 20.00 horas e domingo e festivos: 10.00 h a 13.00 horas.

Ademáis, para os vosos fillos e fillas, tamén existe o espazo Máis que Peques Navia coa nosa Xogoteca, con talleres especiais, xogos e celebración de cumpleanos e festas. E cursos de pádel, natación, kárata, taekwondo, campus de verán, de Semana Santa…

Disfruta de ocio en familia con Máis que Auga. Infórmate nas nosas recepcións.