Un ano máis as instalacións de pádel de Máis que Auga en Barreiro e Navia acollen o torneo de pádel máis numeroso e aberto do sur de Galicia.
A sexta edición do Trofeo Concello de Vigo ten lugar entre o 30 de xuño e o 8 de xullo e as inscricións para os participantes quedan pechadas o luns 25.
No Trofeo Concello de Vigo, patrocinado este ano por Celtamotor, danse cita os mellores xogadores e xogadoras federados de pádel, xa que o torneo puntúa para o ránking galego. Pero tamén reúne aos aspirantes de todos os niveis que teñen ocasión de disputar partidos cos mellores nas primeiras rondas.
Con categorías para todos os niveis e todas as idades, este trofeo dispútase nas pistas de Barreiro e Navia durante toda a semana, e a fin de semana os partidos trasládanse ás pistas de Navia para as finais.