Máis que Auga Navia monta a Feira de Abril e invita a todos os veciños do barrio

01/05/2016

A Feira de Abril chega a Máis que Auga Navia, e durante esta semana (días 6 e 7 de maio) as instalación adornaranse con motivos do folclore e arte andaluz. En paralelo, realizarase un concurso entre os usuarios e non usuarios que se vistan con modelos propios desta festa sevillana.

Os abonados e non abonados que participen nesta iniciativa posarán no photocall, e despois esas fotos compartiranse nas redes sociais. Durante unha semana, as tres que teñan máis me gustas en Facebook (1 punto) e sexan máis veces compartidas (3 puntos), serán premiadas. O gañador recibirá unha mensualidade gratuita en Máis que Auga. Quen quede en segunda posición, un curso de balde dun día á semana durante un mes. E a terceira, un curso dun día á semana, durante unha semana.

Máis que Auga Navia quere achegar así as súas instalación a veciñanza do barrio, e de Vigo en xeral, que todavía non nos coñeza. A cafetería Match Point será o centro da festa, con música,  tapas típicas andaluzas e, se o tempo o permite, a utilización da ampla terraza para as actuacións en directo e o baile

Cándo: Venres  6 de maio e sábado 7 de maio
Horario: Día 6 desde as 18.00 h ata peche da instalación. Día 7, toda a mañán ata as 14.00 h