Máis que Auga Navia estreará en setembro o sistema de presoterapia Reboots

07/08/2019

Estamos a piques de estrear tempada e como sempre a nova campaña chegará acompañada de novidades. Unha das que nos espera en Máis que Auga Navia é o sistema de presoterapia Reboots, que estará ao dispor dos nosos usuarios no gabinete de tratamentos.

Este sistema é moi recomendable para recuperar as pernas cansas despois dun duro adestramento. “A masaxe das Reboots axuda a reducir o nivel de acedo láctico no teu sangue, que é o medidor do nivel de esgotamento”. A presoterapia serve para previr lesións musculares, hinchazón e contracturas, grazas á masaxe co que se mellora a circulación sanguínea.

Os deportistas profesionais utilizan a presoterapia desde hai tempo e agora, o feito de que haxa máis empresas dedicadas a este sector, fai que sexa máis alcanzable para todos.

Ademais, este sistema non só serve para a prevención e o tratamento de lesións nos deportistas, senón que tamén son moi efectivas para aquelas persoas que levan unha vida sedentaria, “que no seu traballo permanezan moitas horas sentados ou de pé”.

Nos próximos días anunciaremos a promoción que temos para mostrarvos este novo servizo, así que permanecede atentos ás nosas redes!