Máis que Auga Navia, en marcha

13/08/2015

Máis que Auga ven de rematar as obras de construcción do complexo deportivo de Navia (18.000 metros cadrados de instalacións), o terceiro e máis completo centro  da empresa viguesa. Nestes días a empresa procede ao equipamento, probas e posta a punto das instalacións. Máis que Auga Navia prevé entrar en funcionamento a mediados de setembre e o 24 de agosto principia o prazo de inscripción na web (www.maisqueauga.com) para novos socios e abonados.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou hoxe 12 de agosto o centro acompañado dos concelleiros Isaura Abelaira, David Regades, Manel Fernández e  Santos Héctor. O máximo rexidor vigués felicitou á empresa polo bo traballo realizado e destacou que era un dos mellores centros deportivos de España.

Máis que Auga Navia é a instalación deportiva que segue o modelo de amplitude e servizo das xa existentes en Barreiro e Coia. Navia contará cunha equipación deportiva de última xeración, pistas de pádel panorámicas e aparcamento gratuíto para socios. A empresa leva investidos 28 millóns de euros nos súas tres instalacións en Vigo. Máis que Auga Navia, a máis moderna e grande das tres, require un investimento de 11 millóns de euros.

Máis que Auga Navia terá diferentes modalidades de socios co obxectivo fundamental de cubrir a todos os públicos e necesidades. A tarifa máis baixa está nos 19 euros (matinal, fin de semana e discapacitado), mentres que a premium será de 35 euros e dará acceso aos tres centros de Máis que Auga, ademais de incluír un curso de pago de 1 día (excepto pádel), así como reservas de pistas de pádel de balde en horario valle (de luns a venres de 7.00 h a 17.00 horas).

O novo centro de Máis que Auga Navia entrará en funcionamento a mediados de setembro, coa posta en servizo de 16.000 metros cadrados cubertos para a práctica deportiva, que inclúen 8 pistas de pádel panorámicas, 5 salas de actividades, sala de fitness de 1.000 metros cadrados e 3 vasos para natación, balneario e aprendizaxe.

Como novidades, a instalación de Máis que Auga Navia contará cunha zona de ocio infantil para actividades lúdicas, educativas e deportivas, gabinete de nutrición e dietética, gabinete de masaxes e tratamento, cafetería  e un grande aparcamento.

padel facePrazos. Esta semana Máis que Auga informará aos seus socios de Barreiro e Coia sobre a posibilidade de facer o cambio de centro a Navia sen ter que pagar unha nova matrícula. Esta modificación poderá realizarse en Coia entre os días 18 e 22 de agosto, mentres que en Barreiro farase entre os días 24 e 29.

O día 24 de agosto abrirase o proceso de inscrición de socios on-line na web da empresa (www.maisqueauga.com), por un procedemento sinxelo a través do apartado Faite socio.  Como oferta de lanzamento, Máis que Auga regala o custe íntegro da matrícula aos 500 primeiros clientes que se apunten como socios en Navia e fará un agasallo dun garda-todo para os 2.000 primeiros socios de Navia.

A partir do 31 de agosto todas e todos os interesados poderán facerse abonados de Máis que Auga Navia na propia instalación, na que se habilitará unha oficina especial para as altas de socios.