II Triatlón Indoor en Máis que Auga Navia

14/06/2016

A segunda edición do Triatlón Indoor Máis que Auga terá como escenario as instalacións do centro de Navia. Alí, o sábado 25 de xuño a partir das 16.00 horas, celebrase a competición de estas tres modalidades deportivas nunha sola proba.

A mesma consisite en completar 400 metros en natación, 10 km en bicicleta e 4 km correndo.

A primeira edición, celebrada en Máis que Auga Barreiro, resultou todo un éxito.

Os prezos para participar van desde os 12 euros para socios ata os 16 euros para non socios de Máis que Auga. Ambos incluen o seguro.

As incricións xa se poden facer a través deste enlace