Niños aprendiendo a nadar en piscinas en Vigo

Máis que Auga: as mellores piscinas de Vigo para os teus fillos

16/09/2017

Se hai algo do que nos sentimos especialmente orgullosos en Máis que Auga é da  Escola de Actividades Acuáticas, unha escola na que damos clases de natación a máis de 4.000 nenos nas nosas piscinas de Vigo. Unha parte importante dos nosos alumnos proceden de 35 colexios da cidade que ofertan a natación como actividade extraescolar ao través das Anpas.

A duración das clases é a mesma que a do curso escolar: de setembro a xuño.  As clases de natación están dirixidas a nenos dende os 6 meses ata os 18 anos e, por suposto, están adaptadas tanto ao nivel como á idade adestrando en diferentes grupos que temos denominados deste xeito: miñoca, tartaruga, calamar, xurelo, cachalote, golfiño e escualo.

A natación é unha das actividades que implica un maior desenvolvemento motor nestas idades. Ademáis, a aprendizaxe faise dun xeito totalmente lúdico: así o neno aprende metres goza na auga. Outra vantaxe da Escola de Actividades Acuáticas é que os rapaces fan o seu propio grupo de amigos, se é que non o traen xa feito da escola: deste xeito créase un clima totalmente propicio para que o neno desconecte das súas horas de colexio, progrese na súa aprendizaxe e, por suposto, realice unha actividade física que lle aporta moitos beneficios.

Actividades de auga nas piscinas de Vigo

Pero ademáis das Escolas de Actividades Acuáticas para nenos tamén temos cursos para adultos. Ás nosas piscinas veñen dende os que non saben nadar ata os que queren mellorar a súa técnica. Para adultos temos catro niveis: Descobre, Progresa, Perfecciona e Máster.

Descobre está pensado para persoas que non saben nadar. Progresa  para os que saben flotar e desprazarse. Perfecciona para aqueles que se desprazan con facilidade pero queren mellorar a súa técnica. Máster é para os que dominan os estilos de crol e costas polo menos.

En Máis que Auga tamén temos un grupo de travesías, no que poden participar os que están no nivel de Perfecciona e Máster e que adestra todos os sábados pola mañá nas piscinas durante o inverno. No verán os adestramentos fanse na praia do Vao e os integrantes se preparan para as travesías que se fan na  Ría de Vigo.  A este grupo pode apuntarse quen queira sempre e cando teña o nivel axeitado.

Pero ademais, na zona de piscinas contamos cun spa no que podes vir relaxarte o tempo que queiras. Podes desfrutar de jacuzzi, camas de auga, chorros e cascadas. No spa hai  unha zona de cabinas no que podes gozar dunha ducha de esencias, fonte de xeo, sauna finlandesa e sauna de vapor. Por todos estes motivos as túas piscinas de Vigo están en Máis que Auga