Máis que Auga lanza unha liña de roupa deportiva propia para os nosos ‘runners’

09/05/2016

Máis que Auga, en colaboración coa firma viguesa Movestime, xa ten lista unha atractiva colección de roupa deportiva para runners, de alta calidade e cun deseño propio e específico. Desde camisetas, shorts, cortaventos, mallas de maratón o chubasqueiros a prezos especiais para os abonados de Máis que Auga, desde os 17 euros dun pantalón aos 48 dun cortaventos.

Temos todas as tallas, desde a XS á XXXXL e os pedidos pódense facer enviando un correo á dirección info.movestime@gmail.com.

O tempo medio de espera para ter a prenda desde o momento de pedila é de 3-4 semanas. A nosa idea é facer o primeiro pedido antes do 23 de maio para que a roupa chegue a tempo para a carreira “Nocturna Correndo por Vigo 2016” de principios de xullo.

Todas as prendas levan impresas as bandeiras de Vigo e Galicia, ademáis do logo dos nosos centros. Elixe o modelo que máis che guste, ponte á moda con Máis que Auga, e represéntanos en todas as carreiras nas que participes.

Máis información sobre cómo comprar, neste botón

I am text block. Click edit button to change this text.