Máis que Auga lanza en Vigo un plan para iniciar no deporte a adultos sedentarios

16/01/2019

Impulsamos en Vigo a implantación dun programa europeo para introducir o deporte na práctica habitual dos adultos inactivos ou sedentarios, do que Máis que Auga somos pioneiros en Galicia. O programa denomínase Let’s be Active (sexamos activos, na súa tradución do inglés) e está promovido pola Unión Europea dentro do plan Erasmus+ (Programa Europeo de Educación, Formación, Juventud y Deporte) e pola Fundación España Activa, co obxectivo de mellorar os hábitos de xóvenes e adultos.

Dende Máis que Auga lanzamos 30 prazas gratuitas para as persoas que voluntariamente se presenten ao plan, 10 en cada un dos centros de Barreiro, Coia e Navia. Durante a súa iniciación no programa, os participantes estarán asesorados polo equipo Máis que Auga para comezar na súa andaina cara hábitos de vida saudables a través do deporte.

A actividade de todos os participantes estará monitorizada e guiada a través da aplicación Let’s be Active, que lles enviará constantemente mensaxes de motivación e apoio. A app permitirá aos participantes coñecer os progresos ao remate da iniciativa, tanto despois do primeiro mes de exercicio, como nos seis meses seguintes, para saber se a súa experiencia conseguiu o obxectivo de activalos.

Calquera persoa inactiva que desexe formar parte do proxecto e iniciarse no exercicio físico, pode enviar os seus datos dende hoxe a través deste enlace para solicitar a participación no programa, indicando a súa persoa de contacto entre os 20.100 socios de Máis que Auga.

O primeiro adestramento será o vindeiro 30 de xaneiro. Ao longo dun mes, os participantes afianzarán distintas rutinas de exercicios que poderán desenvolver nas salas fitness dos centros Máis que Auga, nas clases dirixidas, entre as que se encontran zumba, bodypump, running ou bike, e tamén nas piscinas.

Envía os teus datos aquí