Hombre en un gimansio de Vigo practicando peso libre

Máis que Auga lanza a ‘Matrícula Boomerang’

23/12/2016

Se aínda non es socio de Máis que Auga, temos para ti dúas ofertas que te animarán a facer exercicio e levar unha vida máis sana. Adestra con nós e obtén recompensa!

A partir do 1 de xaneiro se te fas socio dos centros de Barreiro ou Coia gozas da Matrícula Boomerang e da cota Máis Spa: se tes continuidade como socio 11 meses ao chegar ao mes 12 a matrícula que pagaches torna a ti e se convirte nesa mensualidade.

Coa cota Máis Spa, podes gozar dos máximos servizos polo mínimo custe: por 5 euros máis ao mes tes acceso libre ás nosas tres instalacións (Máis que Auga Coia, Máis que Auga Barreiro e Máis que Auga Navia). Tamén tes acceso aos nosos spas: podes gozar das nosas piscinas interactivas con jacuzzi, fervenzas, e bancos de masaxes ou relaxarte na sauna e na ducha de esencias.

Xa eres socio?

Nin te preocupes. Os nosos socios actuais manteñen as tarifas contratadas e a gratuidade da zona spa, así como tódalas condicións actuais en tanto non se dean de baixa.

Grazas pola túa fidelidade. Xa sabes que Máis que Auga ten o mellor prezo do mercado e oferta a mellor relación calidade de instalacións e atención dos nosos profesionais.