Máis que Auga inviste 28 millóns en Vigo e acada as 745.000 entradas ao ano

25/06/2015

A compañía privada viguesa  Máis que Auga xa é propietaria do 100% das accións, logo de adquirir o 50% da sociedade que pertenecía dende a súa fundación no 2010 á firma coruñesa Gaia Xestión Deportiva SL. Máis que Auga rematará este ano cun investimento de 28 millóns de euros en Vigo, logo da conclusion do súa terceira grande instalación en Navia, que entrará en servizo despois do verán. O investimento de Máis que Auga está concentrado nas instalacións deportivas de Barreiro (7.500 metros cadrados), Coia (4.600 metros cadrados) e Navia (16.000 metros cadrados, en construcción).

 

Todas as instalacións funcionan en réxime de concesión sobre terreos do Concello de Vigo, unha fórmula que permite unha óptima relación de calidade e prezos baixos para tódalas edades e para prácticamente todas as actividades deportivas. Con 745.500 entradas ao ano e 60.000 clientes, Máis que Auga é a firma con máis usuarios e maior  investimento privado de Galicia.

 

Navia, despois do verán

O terceiro centro de Máis que Auga emprazado no barrio residencial de Navia prevé entrar en servizo no terceiro trimestre deste ano. A nova instalación é a máis grande das tres construidas en Vigo, donde á empresa está a realizar un investimento de 11 millóns de euros.

 

Máis que Auga Navia abrirá con 16.000 metros cadrados de instalacións de última xeneración i está dotado de 3 piscinas, 8 pistas de pádel panorámicas, zona especial de ludoteca, xogos e deportes para nenos, salas de ximnasios e cursos e 160 prazas de aparcamento gratuito para os socios. A empresa prevé abrir durante o verán os prazos de preincripción para socios.

 

Máis que Auga principia esta nova etapa 100% viguesa coa renovación da súa imaxe corporativa, nova páxina web e un incremento do seu plantel de profesionais nun 40%, que suporá a xeneración este ano de 40 novos postos de traballo directos no sector do deporte.

 

Ademáis da construcción e xestión dos centros deportivos, Máis que Auga patrocina e colabora con outras accións sociais e de ocio saudable que teñen mobilizado a máis de 30.000 personas no que vai de ano.