Máis que Auga introducese en Río 2016

22/08/2016

Máis que Auga ten un enviado especial en Rio 2016 que nos ensina detalladamente as instalacións da villa olímpica. Marco Carreira (adestrador de Eva Calvo, prata en taekwondo nestos xogos), a quen felicitamos por esa medalla e agradecemos este vídeo, acercanos un pouco máis ó lugar no que adestraron grandes deportistas españois como por exemplo Mireia Belmonte, Saúl Craviotto, Cristian Toro ou a propia Eva Calvo.

Os Xogos Olímpicos acaban de rematar pero aínda queda moito evento olímpico por diante xa que agora dará comezo os Xogos Paralímpicos, nos que Máis que Auga estará máis presente si cabe. Non debemos olvidar que os nosos deportistas, Chano Rodríguez e Susana Rodríguez, nos representan na cidade carioca.

Desde Máis que Auga apostamos e animamos aos nosos atletas (antes e despois da súa partida) porque o importante non é gañar unha medalla senon desfrutar da participación e da experiencia.