Máis que Auga estrea un servizo de nutrición

07/06/2016

O centro Máis que Auga Navia estrea este mes unha nova oferta para os seus usuarios: o servizo de nutrición. Concepción Adrover,  dietista de Máis que Auga e técnica superior en dietética, atende persoalmente nas nosas instalacións a todos os usuarios que o necesiten. Organizámolo mediante cita previa (que debes solicitar), de luns a sábado.

Trátase dunha aposta de Máis que Auga por fomentar hábitos de vida saudables. É algo máis que poñerse a dieta, xa que ofrece a posibilidade de coordinar actividade física con alimentación, baixo un control periódico por parte  da dietista.

Trátase dun servizo de pago con varias tarifas, en función das necesidades do cliente:

  • Opción 1, cita individual, 20 euros/sesión
  • Opción 2, unha revisión ao mes, dieta y seguimento, por 25 euros/mes
  • Opción 3, dúas sesiones máis adestramento adaptado e controis, por 50 euros/mes

O sábado 11 de xuño, ás 11.00 horas,  haberá unha charla coloquio con Concepción Adrover e o a partrialteta de Máis que Auga, Susana Rodríguez, que tamén é médico, para presentar o servizo e falar dos beneficios físicos dunha alimentación equilibrada.